Minisagas

Fifty Fifty-Word Stories.
50 historias en 50 palabras.

Minisagas escritas por alumnado da EOI de Santiago de Compostela
e ilustradas por alumnado do IES de Sar.
Coordinado por Ana Losada e Baldo Ramos.

Cada ano, Ana Losada propón un xogo literario ao alumnado de inglés da EOI de Santiago de Compostela: escribir un texto de 50 palabras, cun xiro de guión e un título de 15 palabras como máximo -unha mini saga. A proposta desactiva parte do que ten de intimidante o folio en branco e nos incita a escribir para resolver este pequeno problema literario.

E nos sentamos e pensamos, tanteamos, decidimos que contar; desde que punto de vista, con que ritmo, en que lugar e momento; como empezar, como terminar, como articulalo; sopesamos cada unha das cincuenta palabras, a súa eficacia, precisión, carga e pertinencia; nos preguntamos se o conxunto se entende, se paga a pena. A pesar do sinxelo da proposta, entramos brevemente pero de cheo no territorio da creación literaria e xogamos con (descubrimos?) os mecanismos da escritura. Valiosa proposta. Como valiosa foi a proposta posterior de compartir co alumnado do IES de Sar unha recompilación destes textos para que os acompañaran de imaxes. Os seus papeis en branco se transformaron tamén en problemas a resolver que propiciaron a entrada e exploración do territorio da ilustración, xogar cos seus mecanismos, pensar que debuxar, de que maneira; considerar, calibrar, valorar a distancia e a relación entre a imaxe e ás palabras. O libro é unha celebración destes múltiples e valiosos pequenos grandes exercicios de exploración literaria e gráfica.